Esencia Viva

Cosmética natural artesana

Cosmética para un coidado natural

Utilizamos os recursos naturais para elaborar fórmulas alquímicas e así crear unha cosmética sana, respetuosa co medio e acorde coa pel e as súas necesidades.

As nosas materias primas son ingredentes naturais, recolectados artesanalmente e de procedencia ecolóxica.

Esencia Viva é natureza

Esencia Viva, ademais de un laboratorio de cosmética natural e artesán implica unha forma plural de traballar, un modo de vida, mantendo os ciclos da natureza.

Dando valor ao artesán, feito a man e con moito mimo.

Esencia Viva aséntase na Comarca da Ulloa, Galicia, cunha forma de vida e un espírito alternativo ao convencional.

Coñece os nosos produtos

¿Queres ser punto de venda Esencia Viva?

Se estás interesada/o en comercializar os produtos de ESENCIA VIVA no teu establecemento, contacta conmigo e enviareiche información.