Benvidos a Esencia Viva
Detrás de Esencia Viva, estou eu, Noelia Solar.
Vivo e traballo na Comarca da Ulloa, onde teño a miña propia clínica de recuperación funcional e masaxe con aromaterapia.
Formei escola, ofrecendo: cursos, obradoiros e charlas de aromaterapia. E agora completei o círculo con “Esencia Viva”, laboratorio de cosmética natural artesá.
Instaleime neste lugar máxico no ano 2004, co obxectivo de lograr un soño coa miña familia, o noso proxecto de vida.
Como terapeuta e aromatológa, iniciei un camiño: Soñaba con vivir nun lugar onde poder desenvolver todo o que me apaixona. Traballar, acorde cos ritmos da natureza, e a riqueza das plantas.
Asi que o lugar atopeino aquí, nunha aldea do interior da Galicia rural.
A miña experiencia profesional, o estudo e a investigación de máis de 20 anos están reflexados nas fórmulas maxistrais de “Esencia Viva”
Cosmética natural personalizada
Ademáis dos produtos que se amosan na páxina, se necesitas algún máis específico, formularei a crema ou loción que ti necesites.
Estarei encantada de escoitarte.
¿Gustaríache concertar unha cita na miña clínica?
Contacta conmigo en 669 46 16 65 – esenciavivanatural@gmail.com ou cubre o seguinte formulario: