Extracto lipídico de Caléndula
O prezo orixinal era: €31,95.€29,95O prezo actual é: €29,95.
Este extracto lipídico, tamén coñecido como aceite de caléndula está elaborado a partir de planta silvestre recolectada e seleccionada de forma manual na comarca de A Ulloa. Macerado con aceite de oliva virgxen extra ecolóxico. A caléndula é unha flor tradicional de recoñecido uso para o coidado das peles sensibles.
3 dispoñibles
Este aceite de caléndula está elaborado seguindo a tradición.
Elaborado con planta silvestre, nacida no seu medio natural e libre de químicos procedente da Comarca de A Ulloa en Galicia. Recolectada e seleccionada de forma manual. Conseguindo así unha gran pureza nos seus principio activos.
Para a súa maceración: aceite de oliva virxe extra, ecolóxico, de Priordei. Un aceite procedente da serra de Montsant na comarca do Priorat, Cataluña. Un aceite ecolóxico que conserva todas as súas propiedades grazas ó entorno onde se desevolven os seus olivos e á delicada transformación do seu froito en aceite.
A caléndula é unha flor tradicional de recoñecido uso para o coidado das peles sensibles.
Destaca polas súas propiedades:
- Efecto calmante e reparador das lesións cutáneas.
- Aporta defensas á pel.
- É un aceite antiséptico, bactericida e funxicida.
- Moi nutritivo.
- Ideal para o coidado da pel do bebé.
Forma de uso
Aplicar na superficie da pel cunha suave masaxe ata a súa total absorción.
Precauciones
Evita o contacto cos ollos. Manter fora do alcance dos nenos/as.
Ingredientes – INCI
Calendula officinalis flower extract * / olea europea fruit oil*. Tocopherol.
*Ingredientes procedentes da agricultura ecolóxica.
Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.