Hidrolato de xeranio

16,95

O hidrolato de xeranio ou auga floral de xeranio é o produto obtido da destilación ó vapor das follas e flores da planta de xeranio. As súas propiedades convírteno nun imprescindible para o coidado facial como tónico, complemento para realizar mascarillas e incluso para o cuidado capilar.

 

Categoría:

O hidrolato de xeranio, tamén coñecido como auga floral de xeranio é o produto que se obtén da destilación ó vapor das follas e flores da planta de xeranio.

Destaca por conservar as súas propiedades terapéticas e cosméticas:

  • É equilibrante e axuda a regular a producción de sebo na pel. Pódese utilizar en peles graxas pero tamén en peles secas.
  • Encárgase de reforzar a microcirculación polo que prevé a aparición de cuperosis e venas rotas.
  • Pola súa acción astrinxente encárgase de tonificar e reafirmar a pel, reducindo así a aparición de poros dilatados e mellorando a textura pel.
  • Axuda a calmar a pel irritada, reducir a inflamación e aliviar o enrojecemento.
  • Ten acción cicatrizante en feridas menores, cortes e abrasións. Por exemplo, axuda a reducir cicatrices por acné.
  • É antiséptico polo que serve para limpar e desinfectar a pel: en casos de acné ou outras afeccións cutáneas causadas por feridas.
  • É un excelente hidratante axudando a manter a pel suave, tersa e hidratada. É especialmente beneficioso en peles maduras que tenden a ser máis secas.
  • É un bo regulador hormonal o que resulta beneficioso para as mulleres nas súas diferentes etapas da vida, por exemplo, durante a menopausia.
  • O seu característico aroma pode actuar como repelente natural de insectos.
  • En aromaterapia, o seu aroma doce, floral e fresco ten propiedades relaxantes e calmantes que axudan a reducir o estrés e promover a sensación de benestar emocional.

Formato: 100ml

INCI (Ingredientes): Pelargonium graveolens water*. 

*De orixe ecolóxico.

Forma de uso: Como tónico facial despois da limpeza; como complemento para realizar arcillas; como pulverizador para refrescar e para uso corporal.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.