Cómo traballamos

En Esencia Viva todo o traballo que facemos é totalmente manual, tanto na elaboración como no envasado e etiquetado. A produción é artesá e ao non ser mecanizada os niveis de contaminación son mínimos.

Todos os produtos son elaborados con fórmulas aromaterapeuticas,

onde destaca o uso de aceites esenciais

e a combinación armónica dos seus principios activos.

Todos os produtos son elaborados con fórmulas aromaterapeuticas, onde destaca o uso de aceites esenciais e a combinación armónica dos seus principios activos.

Os ingredentes son de orixe natural e de procedencia ecolóxica: aceites esenciais, aceites vexetais, mantecas, plantas…  Emulsionanse para formar cremas, bálsamos, ungüentos, locións…

Non utilizamos aceite de palma nin graxas de procedencia animal, tampouco testamos en animais nin utilizamos derivados do petróleo, sen conservantes nin colorantes artificiais.

Debido á elaboración artesá, os nosos produtos poden presentar lixeiras  variacións na súa cor ou na intensidade dos seus aromas, sendo os seus ingredentes os mesmos.

Calidade certificada

Traballamos conforme ás BPFC (buenas prácticas de fabricación cosmética). Todos os produtos están rexistrados na AEMPS (Agencia Española del Medicamento y Productos Sanitarios), e notificados no CPNP (Cosmetics Products Notification Portal) cuxa referencia se pode ver en cada descripción do produto. Etiquetamos segundo o reglamento (CE). Nel poderás atopar un INCI (International Nomenclature of Cosmetic Ingredients) e información de consumo preferente e posibles alérxenos.