En Esencia Viva todo o traballo que se realiza é artesanal, incluso a recolección de materia prima.
A materia prima utilizada é sempre de orixe ecolóxico: de cultivo propio, silvestre de A Ulloa ou de outras zonas de Galicia. En caso de non ser posible, sempre serán materias primas nacionais con orixe ecolóxico certificado.
A principal razón desta forma de traballo é poder ofrecer a máxima calidade.
Cando se utilizan plantas compradas a distribuidor, hai moita información que queda no aire: descoñécese o día de recolección, non se sabe qué tipo de secado, almacenaxe e transporte se levaron a cabo.
Esta información é importante: co paso do tempo as plantas van perdendo propiedades, algunha tan obvia como pode ser a súa cor. Por exemplo, no mercado a veces atopamos aceites de hipérico que non leva a súa característica cor vermella.
Para que unha planta manteña os seus principios activos no seu máximo esplendor hai que ter en conta varios factores:
– Recollida, tendo en conta o calendario lunar e seguindo as pautas da agricultura biodinámica, esto, axuda a planificar e coñecer en qué estado se atopan las plantas: en qué parte se concentran os principios activos dependendo do día (máis concetrado en flor, en raíz, etc.) e decidir así que parte interesa máis recoller según o tipo de produto a elaborar.
– Rapidez na súa transformación: non interesa perder propiedades por eso no mesmo día que se recolle comeza o proceso de secado. Facéndoo a unha temperatura constante conseguese que en menos de 24h a planta esté lista para macerar.
Desta forma, os seus principios activos están en perfecto estado: sen deteriorar e en maior cantidade que si pasasen máis horas dende o seu secado.
Guiándonos polo calendario, hai unhas semanas recollemos Anthemis Arvensis tamén coñecido como bastardo ou manzanilla de prado.
O mesmo día da recollida procedemos a secalo; isto permite garantir que a súa forma e principios activos non varíen.
Nas seguintes imaxes pódese ver como a súa forma non cambia dende que se recollen ata que se secan: manteñen a súa forma, a súa cor,…
Recén recollida: | Tras o secado: |
As recollidas sempre se realizan de forma respetuosa co medio: recóllese flor a flor, sen arrincar plantas por completo e deixando planta no lugar.
É un traballo laborioso pero necesario para garantizar calidade e ofrecer as propiedades de cada un dos elementos que forman os produtos de Esencia Viva.